Notícia de "A Coruña Digital" sobre a homenagem feita a José Afonso

Benedicto e Miro Casabella, pertencentes ao movemento da nova canción galega, reúnense na Coruña para honrar a Jose Afonso.

A. R..A Coruña

“Durante os últimos vinte anos, ninguén cantou á palabra en Galicia”. É Miro Casabella, músico das Voces Ceibes que crearon en galego pola Galicia perseguida. Alto e sereno, aperta ao que fora un dos seus compañeiros no movemento musical da última década do franquismo, Benedicto, pequeno e de fala rápida.

Non é doado velos xuntos. Onte reuníronse na Coruña nunha homenaxe que o colectivo Urbano Lugrís rendeu á voz da Revolución dos Caraveis, Jose Afonso, na que tamén participaron, e cantaron, os fundadores de Fuxan os Ventos e actualmente integrantes de A Quenlla, Mini e Mero.

Recordan xuntos con paixón. Recordan as moitas veces que encheron o Pavillón de Deportes de A Coruña e como Jose Afonso reuniu auténticas masas entregadas na cidade herculina. E recordan a súa contribución a remover unha sociedade na que cantar canción social era perigoso.

Ambos foron amigos do cantante luso e Bendicto traballou con el na música durante dous anos. “Era un xenio, tremendamente nervioso, pero capaz de converter ese carácter nun acto de xenialidade creativa”, explica Benedicto, agora profesor en Ames. “Se fose inglés ou americano, nin Bob Dylan”, engade.

“Era unha voz crítica permanente e sempre pasaba lista”, lembra Benedicto. “E foi quen de, sen saírse das raíces, innovar; gozaba coa cultura popular”.

Miro Casabella e Benedicto explican ademais o amor que sentía o autor de Grandola, vila morena por Galicia. “Sempre dicía este era o lugar onde mellor lle entenderan”.

Casabella defende a vixencia de voces como a de Jose Afonso ou de movementos como Voces Ceibes. “É máis necesario ca nunca”, di.

“Houbo un tempo de sequía dende os oitenta ata agora”, afirma crendo que os tempos mudan. “Ningúen cantou palabra en Galicia, non estaba premiado dicir cousas”, considera o músico.

Ambos gustan da música que se fai agora en Galicia, dende o rap a o folk e admiran a todos os grupos que son quen de levar a cultura galega por todo o mundo, como Luar na lubre, Berrogüetto, Susana Seivane, Xosé Manuel Budiño ou Carlos Núñez.

Pero din que hai que facer máis. “Deixouse de axudar a xente que compón, toca ou canta”, lamenta Miro Casabella.

“Axudan ao audiviosual, axudan aos que practican balompé e crean a Selección Galega de fútbol, pero non aos músicos”, explica Casabella.

some_text

Deixe um comentário

Zeca (2)

QUEM SOMOS


disco

SER SÓCIO


LOJA


escritasdomaio

ESCOLAS


materiais

EXPOSIÇÕES

SUBSCREVER NOTÍCIAS


Categorias

Arquivo



RÁDIO AJA

Here is the Music Player. You need to installl flash player to show this cool thing!


© 2019 AJA. All Rights Reserved. Iniciar sessão - Designed by Gabfire Themes