“Escandinávia Bar”: memórias do concerto de José Afonso em Lugo


 

‘Escandinávia Bar’, mesa redonda impulsada pola A.C. Cultura do País o pasado cinco de maio en Lugo, consistiu no diálogo entre persoas que asistiron a algún dos tres concertos do Zeca Afonso en Lugo nos anos 70, que expuxeron a súa memoria daquel tempo, do que representaba para eles o cantautor portugués nun contexto de ditadura fascista na que a persecución contra a oposición e o movemento estudantil era diaria e sistemática; contexto no que o ‘Grândola, Vila Morena’ se chegaría a converter nun himno da loita antifranquista.
Esta conversa serviunos para coñecer que houbo, cando menos, tres visitas do Zeca a Lugo desde o primeiro concerto, en 9 de maio de 1972 no Círculo das Artes, do que temos constancia a través do testemuño de Arturo Reguera, até o de 1975 no auditorio do barrio do Sagrado Corazón, acompañado por outros cantautores, entre eles o galego Benedicto (Voces Ceibes). Hai datos dunha outra presenza para realizar un concerto, probabelmente canda Luis Cilia, en marzo de 1973, que foi prohibida polas autoridades franquistas. No concerto do Sagrado Corazón, do que existe unha memoria máis nidia por parte das persoas asistentes, as e os militantes nacionalistas exhibiron diante do público unha faixa coa lenda «Viva Galiza Ceibe» cando o Zeca interpretaba o ‘Grândola’.
Este é o primeiro dos catro vídeos que GzVideos editou, en estreita colaboración coa A.C Cultura do País, responsábel da gravación do acto, e que recolle as distintas actividades que tiveron lugar na homenaxe a José Afonso. Os próximos iránse publicando sucesivamente.

 
Relacionados:
O que faz falta!… crónica da xornada Zeca Afonso en Lugo

some_text

Deixe um comentário

Zeca (2)

QUEM SOMOS


disco

SER SÓCIO


LOJA


escritasdomaio

ESCOLAS


materiais

EXPOSIÇÕES

SUBSCREVER NOTÍCIAS


Categorias

Arquivo



RÁDIO AJA

Here is the Music Player. You need to installl flash player to show this cool thing!


© 2017 AJA. All Rights Reserved. Iniciar sessão - Designed by Gabfire Themes