A AJA vai à Galiza

AJA_GALIZA

Na 1ª semana de Xuño, a Ass. José Afonso – AJA – iniciará unha serie de presentacións en diversas cidades e localidades galegas.

A finalidade da AJA é a posta en valor e difusión da importante obra musical e cultural do autor de Grândola e dar testemuña do seu exemplo solidario e de compromiso social. Zeca Afonso dicía que non se sentía xustificado como cantor se non estivese xustificado, sempre, como cidadán do mundo. Tamén é ben conhecida a súa relación con Galiza, onde se sentía como na súa casa, e o seu interese polo noso idioma e cultura, que teimou en defender publicamente, e, asemade, declarando a necesidade dum intercambio cultural entre a Galiza e Portugal.
Por todo iso, a AJA decidiu na Assembleia Geral de 2011 nomear un directivo galego e estabelecer unha ponte cultural estábel que favoreza a presenza da obra de José Afonso e o devandito intercambio cultural.
A presentación da AJA consistirá nunha proxección dum curto documental sobre Jose Afonso e unha mesa redonda, seguida de colóquio, na que participarán, nalgumas sessões:
PAULO ESPERANÇA, vice-presidente da AJA
JUDITE ALMEIDA e JOANA AFONSO, do núcleo do norte da AJA
XICO DE CARINHO, músico e directivo galego da AJA
E, para finalizar, abrirase unha roda de intervencións poético-musicais sobre temas de José Afonso, de libre participación.

SANTIAGO DE COMPOSTELA
Mércores, día 5 às 19 h. Salón de Actos da Facultade de Filosofía. (Praza Mazarelos,s/n).
Organiza S.C. Na Virada/AJA. Colabora Vicerrectorado de Estudantes, Cultura e Formación contínua e Facultade de Filosofía de Santiago.

GONDOMAR
Xoves, día 6 às 20h 30 m. Aula de Cultura Ponte de Rosas – Sede do Instituto de Estudos Minhoranos- (Avda. da Feira,10 Baixo).
Organiza: Instituto de Estudos Miñoranos/AJA

VIGO
Venres, día 7 ás 21 h.. Espazo Cultural Negra Sombra-café Uf- R.Placer, 19)
Organiza S.C. Na Virada/AJA

BUEU
Sábado, día 8 ás 20h. Sala de exposicións Amelia Domínguez Búa, (R.Eduardo Vicenti, 2)
Organiza: S.C. Na Virada/AJA. Colabora: Concellería Cultura do Concello de Bueu.

some_text

Deixe um comentário

Zeca (2)

QUEM SOMOS


disco

SER SÓCIO


LOJA


escritasdomaio

ESCOLAS


materiais

EXPOSIÇÕES

SUBSCREVER NOTÍCIAS


Categorias

Arquivo



RÁDIO AJA

Here is the Music Player. You need to installl flash player to show this cool thing!


© 2019 AJA. All Rights Reserved. Iniciar sessão - Designed by Gabfire Themes